si, estoulle dando 5 estrelas a un libro xuvenil de vampiros do 2007.
e que? realmente é un moi bo libro. os personaxes son complexos e reais. amo a Rose e a Lissa e o tipo de amizade que teñen (intensa ata chegar a ser codependente). adoro que Rose sexa impulsiva e Lissa algo people pleaser coa realeza. o universo é interesante e hai diversas xerarquías que están claramente propostas para seren cuestionadas nos seguintes libros. aínda que, ata máis ou menos a metade do libro, non hai unha trama clara, o estilo da escrita é lixeiro e nunca chega a ser aburrido.
non creo ter agora as neuronas para explicar moi ben este punto, pero adoro a mensaxe que ten este libro sobre a saúde mental e pedir axuda. podes ter medo de ser xulgado, mais as veces é necesario pedir axuda externa cando as cousas van mal.
o …
User Profile
gal/es/eng
This link opens in a pop-up window
Pi's books
User Activity
RSS feed Back
Pi reviewed Vampire Academy by Richelle Mead
Review of 'Vampire Academy' on 'Goodreads'
5 stars
si, estoulle dando 5 estrelas a un libro xuvenil de vampiros do 2007.
e que? realmente é un moi bo libro. os personaxes son complexos e reais. amo a Rose e a Lissa e o tipo de amizade que teñen (intensa ata chegar a ser codependente). adoro que Rose sexa impulsiva e Lissa algo people pleaser coa realeza. o universo é interesante e hai diversas xerarquías que están claramente propostas para seren cuestionadas nos seguintes libros. aínda que, ata máis ou menos a metade do libro, non hai unha trama clara, o estilo da escrita é lixeiro e nunca chega a ser aburrido.
non creo ter agora as neuronas para explicar moi ben este punto, pero adoro a mensaxe que ten este libro sobre a saúde mental e pedir axuda. podes ter medo de ser xulgado, mais as veces é necesario pedir axuda externa cando as cousas van mal.
o único meh que podo comentar é o romance Dimitri/Rose. gosto de Dimitri como personaxe, creo que é un bo mentor para Rose. porén, sei que van ser endgame e non quero xdd. xa o explica el ben neste libro: ela ten 17 e el 24. non sei se nos seguintes vou ser capaz de ignorar iso, mais por agora entre esa diferenza de idade e que el ten claramente un rol de mentor na súa vida, non son moi fai de que vaian rematar xuntos. está ben que Rose pense que é moi guapo e todo iso, pero diso a seren parella hai un paso moi longo.
Pi reviewed Leave the World Behind by Rumaan Alam
Review of 'Leave the World Behind' on 'Goodreads'
4 stars
pois definitivamente é un libro. agora mesmo nin sei como organizar os meus pensamentos, así que xa escribirei a miña reseña cando teña as neuronas máis funcionais.
Pi reviewed Un elefante na sala de estar by Berta Dávila
Review of 'Un elefante na sala de estar' on 'Goodreads'
5 stars
oh wow.
adoro a forma na que este libro está estruturado. os capítulos son curtos pero efectivos en amosar o que sinten e están vivindo os personaxes. aínda que non supere as 150 páxinas, é unha novela moi completa. excepto algún abuso dun "non sei" nos pensamentos dos personaxes, non hai nada que sobre ou falte. podes coñecer cunha profundidade maior da esperada pola brevidade da obra a case todos os personaxes. creo que ser capaz de amosar a personalidade dalguén con apenas unhas oracións é unha capacidade admirable.
o suicidio de Rosa e os meses posteriores á morte son expostos dende moitas perspectivas. esa gran cantidade de narradores axuda a amosar a situación completa como un mosaico. cada un ten a súa propia forma de entender da situación, algunhas incluso contrarias (como que Alicia non pode permitir que todo volva a normalidade despois da morte da súa nai, mentres …
oh wow.
adoro a forma na que este libro está estruturado. os capítulos son curtos pero efectivos en amosar o que sinten e están vivindo os personaxes. aínda que non supere as 150 páxinas, é unha novela moi completa. excepto algún abuso dun "non sei" nos pensamentos dos personaxes, non hai nada que sobre ou falte. podes coñecer cunha profundidade maior da esperada pola brevidade da obra a case todos os personaxes. creo que ser capaz de amosar a personalidade dalguén con apenas unhas oracións é unha capacidade admirable.
o suicidio de Rosa e os meses posteriores á morte son expostos dende moitas perspectivas. esa gran cantidade de narradores axuda a amosar a situación completa como un mosaico. cada un ten a súa propia forma de entender da situación, algunhas incluso contrarias (como que Alicia non pode permitir que todo volva a normalidade despois da morte da súa nai, mentres que Roi non pode desexar nada máis que iso). tamén serve para plasmar unha das mensaxes indirectas do libro: que as persoas son complexas e nunca seremos capaces da saber ou entender o 100% da súa psique.
si que creo necesario avisar que, ademais de trigger warning por suicidio (creo que isto é obvio pola sinopse), hai mencións de abuso sexual infantil.
por último, non creo que poida engadir moito máis que desexo que máis xente lea este libro. creo que trata un tema moi importante con moito tacto (que ademais houbo lectores beta e de sensibilidade, figuras necesarias neste tipo de obras).
Pi reviewed When the Night Bells Ring by Jo Kaplan
Review of 'When the Night Bells Ring' on 'Goodreads'
5 stars
EN: holy fuck.
holy fuck.
HOLY FUCK.
i feel like this book was written specifically for me. it reminds me of Shirley Jackson's work (like [b:We Have Always Lived in the Castle|89724|We Have Always Lived in the Castle|Shirley Jackson|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1415357189l/89724.SX50.jpg|847007] and [b:The Lottery|6219656|The Lottery|Shirley Jackson|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1348757577l/6219656.SY75.jpg|15161007]) for its protagonists and the way it contrasts the "normalcy" of a village with the supposed madness of the narrator. i always love this kind of stories because they show how many people who are preoccupied with morals and tradition can do horrifying things in its name, or how they show their true colors under stress.
the book is divided in two timelines: two women are trying to survive in a near future affected by the consequences of climate change. they stumble upon a ghost village and they decide to explore the mines for water. they get trapped and it seems like …
EN: holy fuck.
holy fuck.
HOLY FUCK.
i feel like this book was written specifically for me. it reminds me of Shirley Jackson's work (like [b:We Have Always Lived in the Castle|89724|We Have Always Lived in the Castle|Shirley Jackson|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1415357189l/89724.SX50.jpg|847007] and [b:The Lottery|6219656|The Lottery|Shirley Jackson|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1348757577l/6219656.SY75.jpg|15161007]) for its protagonists and the way it contrasts the "normalcy" of a village with the supposed madness of the narrator. i always love this kind of stories because they show how many people who are preoccupied with morals and tradition can do horrifying things in its name, or how they show their true colors under stress.
the book is divided in two timelines: two women are trying to survive in a near future affected by the consequences of climate change. they stumble upon a ghost village and they decide to explore the mines for water. they get trapped and it seems like they aren't alone. trying to find a way out, one of them sees a diary of a woman who lived there in 1869, so she begins to read it to see if there's anything useful said there. both stories are intertwined perfectly.
i wouldn't say this is a scary book per se, but i felt a great tension that it couldn't leave my body until i finished the it. i think this is because you get very attached to the characters, so seeing them go through the stuff they go through makes you worry about their safety (both physical and mental).
i don't want to talk much about it because of spoilers, but i appreciate the conversation this book has on greed, colonization and the way some abuse their power just because they can and it is convenient for the preservation of their status and wealth.
the audiobook was also quite nice. the voices helped to really feel the tension and the stakes of the situation. i don't know how to explain it, but the woman who does Lavinia's voice does really make it sound like she's from the 19th century.
i also loved the ending, it is quite self-indulgent. it's pretty cathartic, at least for me.
By the way, thank you to NetGalley and the publisher for a copy of this audiobook in exchange for an honest review.
GAL: hostia puta.
hostia puta.
HOSTIA PUTA.
sinto que este libro foi escrito especificamente para min. lémbrame bastante ás obras de Shirley Jackson (como [b:We Have Always Lived in the Castle|89724|We Have Always Lived in the Castle|Shirley Jackson|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1415357189l/89724.SX50.jpg|847007] e [b:The Lottery|6219656|The Lottery|Shirley Jackson|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1348757577l/6219656.SY75.jpg|15161007]) polas súas protagonistas e a forma na que contrasta a "normalidade" dunha aldea coa suposta tolemia da narradora. amo este tipo de historias porque amosan como moita da xente preocupada pola moral e as tradicións poden facer cousas horribles no seu nome ou como poden ensinar como son en realidade baixo estrés.
o libro está dividido en dúas liñas temporais: dúas mulleres tratan de sobreviviren nun futuro cercano afectado polas consecuencias do cambio climático. atopan unha cidade pantasma e deciden explorar as súas minas en busca de auga. quedan atrapadas e parece que non están soas. mentres buscan algunha forma de saír, unha delas atopa un diario dunha muller que viviu na aldea no 1869, así que empeza a lelo en busca de información valiosa. as dúas historias conéctanse perfectamente.
non diría que este libro dá medo, mais sentín unha gran tensión que non saíu do meu corpo ata que rematei a novela. isto é porque acabas colléndolle afecto aos personaxes, polo que velos pasar por todo o que sufren fai que te preocupe a súa seguridade (tanto física como mental).
non quero falar moito diso porque spoilers, mais aprecio a conversa que ten este libro sobre a codiza, o colonialismo e as formas nas que algúns abusan do seu poder só porque poden e para manter as súas estruturas de poder.
o audiolibro está moi ben. as voces axudan a sentir a tensión da situación das protagonistas. non sei como explicalo, pero a voz de Levinia realmente fai que pareza que é do século XIX.
tamén amei o final, é bastante autoindulxente. foi bastante catártico para min.
por certo, moitas grazas a NetGalley e á editora pola copia gratuíta deste audiolibro a cambio dunha reseña honesta.
Pi reviewed Filla do minotauro, a by Marilar Aleixandre
Review of 'Filla do minotauro, a' on 'Goodreads'
3 stars
o mellor deste libro é a forma na que interpreta os mitos gregos (aínda que neste caso creo que é máis correcto chamalos romanos, xa que os nomes dos deuses corresponden a esa versión). consigue reinterpretar diversos personaxes e episodios desta mitoloxía, polo que queda un mundo moi rico. ademais, a mestura destes elementos coa ambientación histórica da Silicia no 1944 (os cazatesouros, as mafias, as protestas dos mineiros, a guerra...) dá un resultado moi interesante de ler.
entón, por que lle dou só 3 estrelas? porque tanto a trama como os personaxes son algo frouxos. aínda que unha orde segreda que agocha tesouros arqueolóxicos dos contrabandistas semella unha idea emocionante, tárdase demasiado en chegar a ese punto e non se nota un medo real do que lles poda pasar aos protagonistas. isto é xustamente porque os personaxes non se senten moi reais. están aí só para amosar como é …
o mellor deste libro é a forma na que interpreta os mitos gregos (aínda que neste caso creo que é máis correcto chamalos romanos, xa que os nomes dos deuses corresponden a esa versión). consigue reinterpretar diversos personaxes e episodios desta mitoloxía, polo que queda un mundo moi rico. ademais, a mestura destes elementos coa ambientación histórica da Silicia no 1944 (os cazatesouros, as mafias, as protestas dos mineiros, a guerra...) dá un resultado moi interesante de ler.
entón, por que lle dou só 3 estrelas? porque tanto a trama como os personaxes son algo frouxos. aínda que unha orde segreda que agocha tesouros arqueolóxicos dos contrabandistas semella unha idea emocionante, tárdase demasiado en chegar a ese punto e non se nota un medo real do que lles poda pasar aos protagonistas. isto é xustamente porque os personaxes non se senten moi reais. están aí só para amosar como é o mundo no que viven e continuar a trama. hai momentos nos que incluso se detén a intriga para que o personaxe do capítulo conte a súa historia, unha reimaxinación do seu mito orixinal. esas seccións en si mesmas son interesantes, mais deixan a trama que debería ser principal nun segundo plano.
tamén falando dos personaxes, necesito facer un paréntese para falar do romance. non é unha parte moi significativa da novela, mais para a pouca importancia que ten non lle vexo a razón de estar. ademais, o seu desenvolvemento síntese estraño. Miranda e Antelmo coñecíanse de antes, mais Miranda non se lembraba del. despois dunha escena medio incómoda na que Antelmo mira demasiado as pernas de Miranda, ela pensa no guapo que está despois de dous anos sen velo e el cóntalle unha anécdota de cando eran crianzas; Miranda queda completamente namorada del (ou, como mínimo, cun crush). se non hai páxinas suficientes para desenvolver o amor que sinten un polo outro, mellor facer que Miranda xa tivese interese por el dende antes. Antelmo podería non darse conta, irse por dous anos e volver, igual que acontece no libro.
en conclusión: se gostades da mitoloxía grega/romana, está guai. se buscades unha trama trepidante ou personaxes carismáticos, mellor lede outro libro.
Pi reviewed Cobiza by María Reimóndez
Review of 'Cobiza' on 'Goodreads'
5 stars
esta puta fantasía de libro?????
quizais é máis un 4.5, pero non me importa moito o rating específico.
si que teño que avisar que o contido do libro é bastante forte en relación a abusos físicos e sexuais. non é que sexa extremadamente explícito, pero é algo constante.
agora, non sei como puiden tardar tanto en ler esta marabilla. trátanse un montón de temas dunha forma clara e precisa. definitivamente son tratados dunha forma máis profunda da que imaxinaba coa pouca extensión que ten. as personaxes son un amor, quéroas moitísimo. o mundo que plantexa é extremadamente cruel, mais tristemente non se sinte irreal. todo o tema da xente planta cautivoume e apreciei que se falase máis diso (pola sinopse imaxinaba que ía máis sobre a vida de Luz na capital). o inicio é algo confuso, mais unha vez que entendes como funcionan os saltos temporais lese súper rápido.
non …

non sei que máis dicir, honestamente. é que se sigo escribo unha biblia e tampouco quero escribir tanto se van ser cousas inconexas. ler este libro co clube de lectura no que estou foi unha experiencia inolvidable. voume pór co segundo en nada!
Review of 'O grupo' on 'Goodreads'
2 stars
podo ver que o libro ten unha intención positiva, mais sinto que non consegue dar a súa mensaxe dunha forma efectiva.
o primeiro é que lle faltan páxinas. creo que, coa trama e cos personaxes que presenta, podería ter sido un libro deses que impactan, denunciando situacións máis comúns do que parecen cun elenco carismático. sería interesante ver máis do día a día dos que forman parte do Grupo, ademais de ver como se relacionan entre eles nas seguintes sesións e/ou fóra delas. o libro podería ter finalizado cando rematasen o proxecto grupal. creo que, da forma na que está estruturado o libro, dá a sensación de que esta é máis a historia de Sandra ca dos demais. isto en si mesmo non é malo, pero creo que fai que todo o relacionado coa mensaxe se sinta máis superficial.
xusto ese é o meu seguinte punto: a superficialidade. entendo que …

xusto ese é o meu seguinte punto: a superficialidade. entendo que temos personaxes con problemáticas diversas, pero creo que xustamente por iso metelo todo nun libro de 120 páxinas non é a mellor forma de tratar eses temas. supoño que, para alguén que non pensa moito en realidades alleas á súa, este pode ser un bo exercicio de empatía, pero creo que non chega a humanizar como debería aos personaxes. realmente a única que se sente viva é Runa, o cal ten sentido porque é quen máis interactúa con Sandra dos cinco. o resto, por moito que teñan algún hobby ou algún trazo propio, síntense como monicreques da autora para chegar ao punto onde quere chegar. nótase que hai un potencial para máis se o libro foise máis longo, pero como non o é...
e xustamente iso contradí unha das mensaxes máis importantes do libro: que as persoas non se definen polos seus traumas nin por só unha parte da súa identidade. que somos seres complexos, moito máis do que alguén pode intuír cunha simple ollada. porén, por moito que os personaxes falen, as súas voces síntense incompletas.
isto pode verse incluso nunha das novas das que falan nun tramo do libro. falan dun surfista cun glaucoma que quedou cego, mais seguiu competindo e tivo un ouro nunha competición mundial de surf para cegos. a forma na que se fala disto síntese como inspiration porn. é bonito que o señor decidise seguir competindo e que soubese que a súa discapacidade non o fai inferior, mais é un cego gañando unha competición para persoas cegas. non é o acontecemento do século, porque se non fose el sería outro cego. nin sequera hai algún fragmento na noticia na que teña voz, na que poda falar das posibles dificultades de facer surf con esa discapacidade. o mesmo mozo que falou da noticia dixo que lle parecera "inspiradora". non vou facer aquí unha redacción sobre o que é o inspiration porn e como afecta ás persoas discapacitadas, mais esta sección do libro ségueo de manual.
isto pode ser un pet peeve meu, mais odio cando se representa a alguén falando un idioma que non fala ben sempre con infinitivos. Amina é marroquí e non sabe falar moi ben galego. ata aí todo ben, o problema é que a súa forma de falar síntese pouco traballada. a forma de comunicarse dunha persoa nun idioma que non domina depende da lingua que estea a falar e as que xa coñece. pódese cambiar a persoa ou os tempos verbais (realmente iso é máis común que o infinitivo), cambiar o xénero dunha palabra, formar o feminino ou o plural de forma incorrecta, cambiar a orde gramatical das oracións, utilizar termos con significados semellantes en contextos que non concordan co seu uso polas persoas nativas do idioma... hai moitas formas de facelo e sinto que este libro foi pola máis simple.
ademais, non é especialmente difícil documentarse disto. quizais non hai moito sobre o tema en galego, pero seguro que hai artigos e vídeos sobre os erros máis comúns dos falantes de árabe en portugués e en castelán. eses erros son facilmente extrapolables ao galego.
por último, non podo non queixarme do estilo da escrita. o uso dos puntos suspensivos é abusivo. entendo que hai moitos diálogos e na vida real as conversas non seguen tanta orde como ao seren plasmadas por escrito, pero había casos de puntos suspensivos en oracións que na vida real rematarían cunha pausa seca. este pode ser outro pet peeve, mais despois de ler os libros da SJM e ver tantos puntos suspensivos, non podo non mencionalo se o atopo noutras obras.
tamén hai algunhas interaccións e descricións pouco naturais. sigo sen saber que clase de obra fixo Runa porque NON SE DESCRIBE.
aínda así, non todo neste libro é ruín. gostei de Runa e do pouco que puiden ver do resto. tamén gostei de que foi relativamente lixeiro de ler. a representación queer normalizada tamén está ben. supoño que é unha lectura aceptable de instituto se queres dar algo para debate e que seguramente nin os que len moito van poder rematar. eu quedei fríe ou quente de raiba polo potencial mal aproveitado.
Pi reviewed A defunción dos sexos by Daniela Ferrández Pérez
Pi reviewed Asesinato en el Orient Express by Agatha Christie
Review of 'Asesinato en el Orient Express' on 'Goodreads'
4 stars
un misterio moi interesante. foi divertido facer de detective, que nos dean as pezas para intentar resolver o misterio por nós mesmes. ademais, incluso cando me lembrei do plot twist (que me spoileara fai anos accidentalmente), non esperaba que se chegase a esa conclusión da forma na que ocorre no libro. conseguiu sorprenderme incluso cando xa sabía "a gran revelación".
iso si, nótase que se escribiu fai case un século, porque os comentarios sobre distintas nacionalidades que se meten... é que o peor é que segue existindo xente hoxe en día que pensa así.
Pi reviewed The Lottery by Shirley Jackson
Review of 'The Lottery' on 'Goodreads'
5 stars
nun primeiro momento non me estaba gustando tanto como outras obras da autora mais, despois de chegar ao final e reler algunhas pasaxes para confirmar certos detalles, só podo dicir que she has done it again. sen facer spoilers o único que podo comentar é que adoro como retrata o perturbador das "aldeas idílicas" e das cousas supostamente normais e aceptables. nesta altura teño claro que Shirley Jackson é unha das miñas autoras favoritas.
podedes ler o relato aquí!
Review of 'Una corte de hielo y estrellas. Nueva presentación' on 'Goodreads'
1 star
este libro ten todos os problemas que teñen os anteriores, mais agora son consciente dunha cosa: estan moi, MOI mal escritos. non sei se foi empeorando con cada libro porque xa nin os editan porque é a Sarah J. Maas e, escriba o que escriba, vai vender, pero a cantidade a puntos suspensivos innecesarios????? e de oracións construídas de forma extraña. vou por aquí un exemplo:
Everything he asked for she gathered onto the counter in neat piles and stacks, even going into the back room behind the counter and emerging with more. Until there wasn’t an empty bit of space on the polished counter, and only the sound of clinking coins filled the shop.
se sabedes inglés, notaredes que non queda moi natural. as pausas síntense arbitrarias. substituír o punto por unha coma quedaría moito mellor, aínda que nese caso a frase sería longa demais.
a nivel de trama …

a nivel de trama e personaxes tampouco é que pase demasiado, mais gostei de ver como procesa Feyre a culpa e creo que foi necesario que lese isto para prepararme para o enfado que me vai producir o mistreatment a Nesta no libro seguinte.
que por certo, hai xente que realmente le esta saga polo smut??? porque non sei no 4º libro, pero ata agora son escenas esporádicas e non especialmente explícitas. para iso mil veces mellor un fanfic.
Pi reviewed Vida con estrella by Jiri Weil
Review of 'Vida con estrella' on 'Goodreads'
4 stars
nunca lera un libro tan lúgubre e optimista ao mesmo tempo.
ensina os horrores do nazismo e do que tiveron que sufrir os xudeos nesa época. como lles foron quitados os dereitos, dende as cousas máis grandes e importantes como as nimiedades; como o pesimismo era inevitable nesa situación... vivíase o día a día sabendo que a morte chegaría máis pronto que tarde. aínda así, hai pequenas cousas que fan que a vida pague a pena, como a compañía de xente que che ten aprecio (ou animais) e o apoio mútuo.
é certo que a vida de Josef parece estar chea de desventuras, mais de vez en cando as cousas saen ben. vivir esa montaña rusa dentro da súa cabeza foi unha gran experiencia. é que literalmente é just some guy e despois de ler este libro quedei coa necesidade de abrazalo por 10 horas.
o único malo que podo …

o único malo que podo dicir é que custa acostumarse aos saltos temporais, darse conta de cando algo está acontecendo agora, son recordos do pasado ou son cousas que nin sequera están ocorrendo na realidade.
en conclusión, podo dicir que estou moi feliz de ter lido este libro. creo que esta é unha lectura moito mellor das que se dan normalmente para falar sobre a II guerra mundial.
Pi reviewed Tony Takitani by Haruki Murakami
Review of 'Tony Takitani' on 'Goodreads'
3 stars
non sei moi ben que dicir deste libro?
lembroume un pouco a [b:Carta de una desconocida|45732|Carta de una desconocida|Stefan Zweig|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1306847904l/45732.SY75.jpg|176055]. as dúas son historias curtas, tratan protagonistas perseguidos pola soidade e non me gustaron tanto como poderían. creo que se podería facer unha análise moi interesante deste libro. Tony é un personaxe curioso e complexo e moitos dos seus comportamentos poderían entenderse como unha resposta ao abandono do pai. vese a forma na que iso afecta a súa vida e o seu modo de entender as relacións persoais, especialmente cando descubre que se sinte ao non estar só.
o que ocorre é que, incluso se iso é interesante, no propio momento de lelo non sentín demasiado interese polo que estaba acontecendo, honestamente. como que non teño unha opinión demasiado forte sobre a obra, excepto que creo que trata un tema interesante.
por certo, este é o primeiro libro …

por certo, este é o primeiro libro que lin en catalán (e puiden entendelo case todo), así que me sinto moi orgullose diso.
Pi reviewed Cando sangren os lobos by Adrián Gómez Ramos
Review of 'Cando sangren os lobos' on 'Goodreads'
4 stars
a ver a ver a ver a ver
a verdade é que non sei moi ben por onde empezar. gustoume moito a mestura do thriller/misterio coa fantasía e todo o que implica. o de ser unha criatura máxica/estar metido no mundo sobrenatural é visto de forma distinta polos personaxes. uns tratan de agochar o que son e de ignoralo (Fernán), mentres que outros buscan entendelo e queren sentirse máis unidos a todo iso (Xandre). en xeral fálase moito sobre non finxir nin obrigarte ser o que non es, a importancia de entender o que somos e aceptalo e o proceso de abrirse e contalo aos demais (coas perdas e beneficios que iso pode traer).
creo que queda claro que amei os personaxes, sobre todo os irmáns e a evolución da súa relación. os dous teñen personalidades moi marcadas e ao principio isto dá orixe a varios conflitos (sobre todo polos …
a ver a ver a ver a ver
a verdade é que non sei moi ben por onde empezar. gustoume moito a mestura do thriller/misterio coa fantasía e todo o que implica. o de ser unha criatura máxica/estar metido no mundo sobrenatural é visto de forma distinta polos personaxes. uns tratan de agochar o que son e de ignoralo (Fernán), mentres que outros buscan entendelo e queren sentirse máis unidos a todo iso (Xandre). en xeral fálase moito sobre non finxir nin obrigarte ser o que non es, a importancia de entender o que somos e aceptalo e o proceso de abrirse e contalo aos demais (coas perdas e beneficios que iso pode traer).
creo que queda claro que amei os personaxes, sobre todo os irmáns e a evolución da súa relación. os dous teñen personalidades moi marcadas e ao principio isto dá orixe a varios conflitos (sobre todo polos complexos de Fernán de ser un lobishome). logo van pasando cousas e en fin que os quero moito. logo Breogán tamén amo, sobre todo co mini plot twist que hai polo final. é unha cousa que engade moito á conversa da identidade e de canto compartimos quen somos coa xente que queremos.
tamén son moi fan dos viláns porque están máis dentro dos antiheroes (aínda que moi, moi grises) e podes ver por que actúan como actúan. ademais un dúo de irmans fodidos que se queren e que fan cousas cuestionables para protexerse sempre se leu. tamén é certo que todo iso é máis por parte de Alicia, que o outro moita consciencia non ten.
por último dicir que non cheguei a adorar este libro porque sentín que lle faltou... algo. creo que ten que ver co número de páxinas. sentín que faltaban escenas, que algunhas situacións ocorrían demasiado rápido, como a relación entre Xandre e Breogán. i'm into this ship, pero sentín que en poucas conversas (polo menos polas que aparecen no libro) xa estaban pilladísimos un polo outro. en xeral, podo dicir que quería máis páxinas, QUERÍA MÁIS CONTIDO!
iso si, non sei se hai novas ao respecto, pero con ese final dáme a sensación de que vai haber secuela