A filla do minotauro

, #107

Paperback, 188 pages

galego language

Published Oct. 3, 2018 by Editorial Galaxia, S.A..

ISBN:
978-84-9151-189-2
Copied ISBN!

View on OpenLibrary

Neste libro cóntasenos unha historia de aventuras (xénero que leva practicando a autora dende sempre) sobre unha organización clandestina dedicada a salvar obras de arte. Unha novela vibrante que nos deixa sen alento xa dende as primeiras liñas e que, entre outras cousas, nos fará entender que somos, tamén, o noso patrimonio, a historia que nos construíu, o que outras e outros, antes, fixeron por nós. Unha novela, en definitiva, que as e os seareiros da vizosa obra de Marilar Aleixandre recoñecerán como unha das mellores entre as súas.

1 edition

SOLA NO PUEDES, CON AMIGUES SI

Antes de comezar a lectura xa sabía que era unha novela orientada a un público «xuvenil». Non son eu o target 🤡

É unha novela de aventura cun argumento máis que coñecido e repetido, pero a orixinalidade está na elección dos personaxes, con nomes que proveñen dunha memoria colectiva de milenios, que van explicando de xeito cándido o seu anaquiño de Historia, que fan que te atrapen nese lugar coñecido e amigable(!).

A autora mistura mitos antigos co desenvolvemento da aventura do presente, atendendo aos rasgos homéricos pero sen dubidar en mover o punto de vista do relato histórico para contar a perspectiva das perdedoras (case sempre mulleres).

Que pensaría Penélope cando o seu fillo, un incel de manual, lle soltou a michirulada aquela e fuxiu do disgusto? Que cabrón o Teseo, que tiña moitos traballos que facer e atender, pero que lle fixo un feo …

reviewed A filla do minotauro by Marilar Aleixandre (Costa Oeste, #107)

Review of 'Filla do minotauro, a' on 'Goodreads'

o mellor deste libro é a forma na que interpreta os mitos gregos (aínda que neste caso creo que é máis correcto chamalos romanos, xa que os nomes dos deuses corresponden a esa versión). consigue reinterpretar diversos personaxes e episodios desta mitoloxía, polo que queda un mundo moi rico. ademais, a mestura destes elementos coa ambientación histórica da Silicia no 1944 (os cazatesouros, as mafias, as protestas dos mineiros, a guerra...) dá un resultado moi interesante de ler.

entón, por que lle dou só 3 estrelas? porque tanto a trama como os personaxes son algo frouxos. aínda que unha orde segreda que agocha tesouros arqueolóxicos dos contrabandistas semella unha idea emocionante, tárdase demasiado en chegar a ese punto e non se nota un medo real do que lles poda pasar aos protagonistas. isto é xustamente porque os personaxes non se senten moi reais. están aí só para amosar como é …