Back
Berta Dávila: Un elefante na sala de estar (Paperback, 2022, Edicións Xerais) 5 stars

Review of 'Un elefante na sala de estar' on 'Goodreads'

5 stars

oh wow.

adoro a forma na que este libro está estruturado. os capítulos son curtos pero efectivos en amosar o que sinten e están vivindo os personaxes. aínda que non supere as 150 páxinas, é unha novela moi completa. excepto algún abuso dun "non sei" nos pensamentos dos personaxes, non hai nada que sobre ou falte. podes coñecer cunha profundidade maior da esperada pola brevidade da obra a case todos os personaxes. creo que ser capaz de amosar a personalidade dalguén con apenas unhas oracións é unha capacidade admirable.

o suicidio de Rosa e os meses posteriores á morte son expostos dende moitas perspectivas. esa gran cantidade de narradores axuda a amosar a situación completa como un mosaico. cada un ten a súa propia forma de entender da situación, algunhas incluso contrarias (como que Alicia non pode permitir que todo volva a normalidade despois da morte da súa nai, mentres que Roi non pode desexar nada máis que iso). tamén serve para plasmar unha das mensaxes indirectas do libro: que as persoas son complexas e nunca seremos capaces da saber ou entender o 100% da súa psique.

si que creo necesario avisar que, ademais de trigger warning por suicidio (creo que isto é obvio pola sinopse), hai mencións de abuso sexual infantil.

por último, non creo que poida engadir moito máis que desexo que máis xente lea este libro. creo que trata un tema moi importante con moito tacto (que ademais houbo lectores beta e de sensibilidade, figuras necesarias neste tipo de obras).