Un elefante na sala de estar

Paperback, 140 pages

Published March 10, 2022 by Edicións Xerais.

ISBN:
978-84-1110-086-1
Copied ISBN!

View on OpenLibrary

Review of 'Un elefante na sala de estar' on 'Goodreads'

oh wow.

adoro a forma na que este libro está estruturado. os capítulos son curtos pero efectivos en amosar o que sinten e están vivindo os personaxes. aínda que non supere as 150 páxinas, é unha novela moi completa. excepto algún abuso dun "non sei" nos pensamentos dos personaxes, non hai nada que sobre ou falte. podes coñecer cunha profundidade maior da esperada pola brevidade da obra a case todos os personaxes. creo que ser capaz de amosar a personalidade dalguén con apenas unhas oracións é unha capacidade admirable.

o suicidio de Rosa e os meses posteriores á morte son expostos dende moitas perspectivas. esa gran cantidade de narradores axuda a amosar a situación completa como un mosaico. cada un ten a súa propia forma de entender da situación, algunhas incluso contrarias (como que Alicia non pode permitir que todo volva a normalidade despois da morte da súa nai, mentres …