Back
María Reimóndez: Cobiza (Paperback, 2021, Edicións Xerais) 5 stars

Review of 'Cobiza' on 'Goodreads'

5 stars

esta puta fantasía de libro?????

quizais é máis un 4.5, pero non me importa moito o rating específico.

si que teño que avisar que o contido do libro é bastante forte en relación a abusos físicos e sexuais. non é que sexa extremadamente explícito, pero é algo constante.

agora, non sei como puiden tardar tanto en ler esta marabilla. trátanse un montón de temas dunha forma clara e precisa. definitivamente son tratados dunha forma máis profunda da que imaxinaba coa pouca extensión que ten. as personaxes son un amor, quéroas moitísimo. o mundo que plantexa é extremadamente cruel, mais tristemente non se sinte irreal. todo o tema da xente planta cautivoume e apreciei que se falase máis diso (pola sinopse imaxinaba que ía máis sobre a vida de Luz na capital). o inicio é algo confuso, mais unha vez que entendes como funcionan os saltos temporais lese súper rápido.

non sei que máis dicir, honestamente. é que se sigo escribo unha biblia e tampouco quero escribir tanto se van ser cousas inconexas. ler este libro co clube de lectura no que estou foi unha experiencia inolvidable. voume pór co segundo en nada!