User Profile

Pi

PiAlfa801@bookrastinating.com

Joined 6 months, 3 weeks ago

gal/es/eng

This link opens in a pop-up window

Myriam M. Lejardi: El perdedor (Paperback, 2022, Fandom Books) 5 stars

Review of 'El perdedor' on 'Goodreads'

5 stars

MEU DEUS. que fantasía de libro, honestamente.

os personaxes son tontísimos, é que comparten neurona, pero xústamente por iso os quero moitísimo. Nacho represéntame na vida, Andrés o meu cani himbo favorito, Camila é súper forte e ao mesmo tempo unha coshita e Bosco... Bosco é de cagala moito, pero ao mesmo tempo é o meu bebé e a representación da ansiedade é moi boa.

é certo que a xente está demasiado horny (son demasiado ace para esta merda xddd), pero xa tiña idea de que ía ser así, polo que non me molestou. tamén amei a comedia e o real que se sinte todo: como falan, actúan, as situacións que viven... os primeiros capítulos son unha cousa (nun sentido completamente positivo, os episodios de ver adolescentes sendo adolescentes foi unha fantasía).

pois iso, se queredes un libro sobre o amor en todas as súas variantes con personaxes que queres …

Originally published in 1885 in Ulrichs's Matrosengeschichten (Sailor Stories). The story tells the …

Review of 'Manor' on 'Goodreads'

3 stars

esta obra é extremadamente curta e non é que aproveite demasiado a premisa que ten. porén, gostei del e non me arrepinto para nada de lelo.

primeiro, é tan curto que só me levou como 10 minutos rematalo.

segundo, creo que ten unha gran importancia histórica por ser publicado no 1884. ata onde eu sei, é a primeira historia de vampiros na que se amosa unha relación entre homes de forma explícita. estou "documentándome" para un vídeo sobre os vampiros literarios e a relación que sempre tiveron coa disidencia. atopar un libro que sexa tan aberto ao tema xa no século XIX... pois hai que celebralo (quero dicir, que [b:Carmilla|48037|Carmilla|J. Sheridan Le Fanu|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1657795822l/48037.SY75.jpg|47015] está aí, pero é máis ambiguo e o propio autor defendía que realmente non era unha relación entre mulleres porque Carmilla, como vampiresa, non podía ser muller xdd).

a verdade é que, sabendo un pouco …

reviewed Finna by Nino Cipri (LitenVerse, #1)

Nino Cipri: Finna (Paperback, 2020, Tor.com) 4 stars

Nino Cipri's Finna is a rambunctious, touching story that blends all the horrors the multiverse …

Review of 'Finna' on 'Goodreads'

5 stars

me cago en mi vida me cago en mi vida me cago en mi vida me ca-

pero como pode un libro ser tan incrible en menos de 100 páxinas? ata chorei co final. é que o rollo dos multiversos como concepto, a trama, os personaxes, coa voz tan propia da protagonista e o desenvolvemento da súa dinámica con Jules; a súa crítica ao capitalismo, a súa mensaxe esperanzadora... hai cousas tan boas neste libro! é curto, pero moi compacto e completo. creo que para min o máis salientable foron Ava e Jules: podes entender perfectamente como chegaron á situación emocional na que están, como as veces as relacións rematan por falta de comunicación e incapacidade de compenetrarse, como non ten que haber un bo e un malo nestas situacións. logo ver como van falando, como van progresando a algo máis saudable do que tiñan, sexa cal sexa a palabra …

reviewed Through the looking-glass by Lewis Carroll (Dover thrift editions)

Lewis Carroll: Through the looking-glass (1999, Dover Publications) 2 stars

Through the Looking-Glass, and What Alice Found There (1871) is a work of children's literature …

Review of 'Through the looking-glass' on 'Goodreads'

2 stars

meh? un relato curto sobre a vinganza dun mozo polo bullying que sufriu fai anos. xa tiña idea de que ía ser escuro e que tampouco ía tratar os temas con profundidade pola súa lonxitude. aínda así, esperaba algo máis?

non me molestou que o plot twist sexa predecible, xa que igualmente me parecía interesante o concepto. o que pasa é que claro, como é tan breve e todo pasa tan rápido, non sinto que fose aproveitado ao seu máximo.

ademais, creo que hai algunhas cousas que se deixan así de gratis. o protagonista ten varios pensamentos que son propios dun incel. está claro que, co tipo de historia que é, non me esparaba que ninguén fose especialmente boa persoa, pero sinto que o punto do libro era ofrecer unha catarse pola vinganza contra os bullys. non podía sentir esa satisfacción porque, aínda que o que lle fan a Gareth …

Review of 'Anónima' on 'Goodreads'

1 star

por que este libro é popular?

quero dicir, orixinalmente estaba en Wattpad. de Wattpad pasou a publicación tradicional e incluso tivo unha adaptación a filme. para iso houbo xente á que lle tivo que chamar a atención, un número de persoas importante para ter o interese de sacar o libro da plataforma.

xa sabía que o libro ía ser algo lixeiro e simple. iso está ben porque era xusto o que buscaba, mais non esperaba que fose tan... ugh. como [b:La maldición del mar|41945877|La maldición del mar|Shea Ernshaw|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1537374840l/41945877.SY75.jpg|53082912], este é un dos libros máis cisheteros™ que lin na miña vida. non polo feito de que non haxa representación, senón polo tipo de mundo que plantexa, o tratamento dalgúns personaxes e varios comentarios esporádicos. preciso salientar o personaxe do pai porque meu deus que ser máis insoportable por favor. DEIXADE DE FACER O PUTO CLICHÉ DE PAI SOBREPROTECTOR QUE …

María Xosé Queizán: Misoxinia e racismo na poesía de Pondal (Paperback, 1998, Edicións Laiovento, S.L.) 5 stars

Review of 'Misoxinia e racismo na poesía de Pondal' on 'Goodreads'

5 stars

unha lectura incrible QUE NON PODO CRER QUE SE PUBLICOU NO 98, OLA???????

fai un estudo moi correcto dos textos de Pondal. algúns dos poemas de exemplo foron duros pero necesarios para comprender realmente o tipo de mensaxes que atopamos na obra deste señor. eu xa sabía que Pondal era un pouco yikes, pero ler isto deume arrepíos.

incluso se unha análise de Pondal como autor non che produce interese, esa base serve para falar de moitos máis temas a un nivel teórico e conceptual. a concepción do masculino e do feminino, o naturalismo, as formas de violencia contra as mulleres e as súas xustificacións por parte dos agresores, o sexo como forma de poder... en menos de 100 páxinas fálanse de moitas cousas. tamén se relaciona a misoxinia con outros tipos de discriminación, en especial co racismo (con todo o tema do celtismo, o nacionalismo baseado na raza...).

si …

Elena Gallego Abad: Dragal I (Paperback, 2010, Edicións Xerais, Edicións Xerais) 3 stars

Review of 'Dragal I' on 'Goodreads'

3 stars

pois a verdade é que non entendo por que tanto odio por este libro no goodreads xddd.

quero dicir, non é que sexa unha marabilla, pero tampouco diría que é malo. sei que gostaría moito máis del se o lese con 14-15 anos, pero incluso hoxe en día diría que é unha experiencia minimamente desfrutable.
todo o tema dos dragóns é bastante interesante e, aínda que a trama non avanzou moito neste libro, nótase o potencial para as partes seguintes. é certo que podería ser máis dinámico (lese demasiado lento para ser 256 páxinas) para o pouco que acontece, pero tampouco é insufrible. os personaxes non son especialmente carismáticos, pero son aturables e as súas contradicións entendibles porque en situacións estrambóticas é fácil pasar do "ah si, isto non é tan raro" ao "que merda que merda que merda que merda" en segundos e en bucle.

en conclusión, para …

Review of 'A que sabe a lúa?' on 'Goodreads'

5 stars

THE ONE AND ONLY!

este libro é infancia pura e dura. merqueino xusto hoxe porque, aínda que o lin varias veces de peque, nunca fora meu. lino nun suspiro (obviamente, é un libro ilustrado para crianzas) por primeira vez dende fai anos e segue sendo icónico. a arte é moi característica e a mensaxe da importancia da cooperatividade é moi importante.

Review of 'Luz Na Néboa' on 'Goodreads'

4 stars

unha novela curta moi aceptable sobre a morte, a culpa e o loito. está ben escrito (aínda que ten algúns erros propios da autopublicación), cunha linguaxe moi descriptiva. ademais 100% fan de Mateo, eu de peque era ese tipo de crianza.

si que hai algunhas cousas do final que non me quedaron moi claras, e como non moita xente leu este libro pois non podo comentalo con ninguén xdd. pero bueno, é o que ten.

The del Cisne girls have never just been sisters; they re also rivals. They know …

Review of 'Blanca & Roja' on 'Goodreads'

5 stars

hostia hostia hostia hostia

so podo dicir que este libro é INCRIBLE. amo a Blanca, Roja, Page e Yearling. amo o desexo común de revelarse contra o destino e ser o que realmente queren ser. amo a relación entre as irmás, amo o romance. amo o estilo da escrita. amo todo o que quere transmitir este libro.

tardei demasiado en lelo porque no 20% pasou unha cousa que, co pouco que coñecía ás irmás nese punto, fixo que o meu corazón se partise en mil anacos. con iso digo todo.

Emma Rault, Hanna Bervoets: We Had to Remove This Post (Hardcover, 2022, Mariner Books) 4 stars

Review of 'We Had to Remove This Post' on 'Goodreads'

3 stars

nin sequera sabía que este libro era popular en booktok xdd, eu collérao porque o audiolibro está en oferta.

ten potencial: estaba gostando moito do primeiro 30% pola forma na que amosaba os personaxes e o traballo, tanto as condicións laborais como o ambiente. logo empeza a desenvolver un romance que, aínda que con máis páxinas e desenvolvemento podería engadir un punto de vista interesante aos temas que quere tratar, remata aportando máis ben pouco. en xeral o final síntese mal feito, as cousas van moi rápido. se o libro tivese máis páxinas para amosar como as cousas vai evoluíndo do punto A ao B, o final sería moito máis satisfactorio e impactante.

non teño problemas con unrealiable narrators ou finais abruptos, but this is not it.

Review of 'Tres Acordes para Unha Vella Melodía' on 'Goodreads'

1 star

cando poida fago reseña, porque FODER.

edit: ok, alá vou.

o primeiro que necesito comentar é o estilo da escrita. foi unha cousa ruín dende o inicio ata o final da novela. hai tantos erros de comas e palabras mal postas que había momentos que eran imposibles de ler. ademais, as oracións son demasiado longas, repetindo moitos conceptos xa mencionados nas anteriores. pasou como 20 páxinas mencionando en cada frase o importante que era que a prensa non se enterase do asasinato.
o peor é que estes erros eran facilmente correxibles. non era necesario nin un editor: un lector beta ou que o propio autor se lese de novo o manuscrito sería suficiente.

logo pasamos ao contido do libro en si. tanto o misterio como o ritmo e como os personaxes son pobres. o libro non é especialmente longo, así que se temos en conta que máis da metade del …

Antonio Manuel Fraga: santoamaro (Paperback, 2021, Edicións Xerais, Xerais) 4 stars

Review of 'santoamaro' on 'Goodreads'

4 stars

unha novela curta con personaxes complexos e realistas. os elementos teatrais están ben engadidos á obra.
o tema da amizade paréceme que está moi ben levado porque AS AMIZADES NON DURAN PARA SEMPRE, XENTE. a forma na que se amosan as pequenas diferenzas entre os do grupo e como ao final todo explota (coas reaccións correspondentes de cada un) é moi interesante. xa dende o inicio podes ver as sementes do que serán os conflitos principais, aínda que me custaba lembrar quen era quen xdd.

Travis Baldree: Legends & Lattes (EBook, 2022, Cryptid Press) 4 stars

Worn out after decades of packing steel and raising hell, Viv the orc barbarian cashes …

Review of 'Legends & Lattes' on 'Goodreads'

5 stars

4.5
o inicio foi bastante lento, pero logo volveuse unha historia super amena, cunha ambientación cozy e personaxes carismáticos. todo o que ocorre a partir do 80% fíxome volver crer na humanidade. definitivamente un confort book, entregoume un escapismo que nin era consciente que necesitaba.
nótase que o autor traballou en videoxogos, porque a estrutura e o estilo da escrita son moi propios do medio.

só un apunte: teño algúns mini problemas co mundo, pero iso ten máis que ver coas fantasías medievais tipo D&D que con este libro en específico.

Nnedi Okorafor: Binti (EBook, 2015, Doherty Associates, LLC, Tom) 4 stars

Her name is Binti, and she is the first of the Himba people ever to …

Review of 'Binti' on 'Goodreads'

4 stars

é certo que hai cousas que quedan no aire ou que non foron explicadas, pero sendo unha novelette, creo que transmite moi ben a mensaxe e o tema que quería tratar.
a identidade é un asunto constante en toda a novela e dende diversas perspectivas (Binti, os meduse). xustamente iso é o que está mellor levado.
Binti como protagonita paréceme unha personaxe moi ben feita e cae ben facilmente. o proceso de comunicación entre ela e os meduse foi interesante e entretido de ler.