Back
Richelle Mead: Vampire Academy (Paperback, 2007, razerbill) 4 stars

Two years after a horrible incident made them run away, vampire princess Lissa and her …

Review of 'Vampire Academy' on 'Goodreads'

5 stars

si, estoulle dando 5 estrelas a un libro xuvenil de vampiros do 2007.

e que? realmente é un moi bo libro. os personaxes son complexos e reais. amo a Rose e a Lissa e o tipo de amizade que teñen (intensa ata chegar a ser codependente). adoro que Rose sexa impulsiva e Lissa algo people pleaser coa realeza. o universo é interesante e hai diversas xerarquías que están claramente propostas para seren cuestionadas nos seguintes libros. aínda que, ata máis ou menos a metade do libro, non hai unha trama clara, o estilo da escrita é lixeiro e nunca chega a ser aburrido.

non creo ter agora as neuronas para explicar moi ben este punto, pero adoro a mensaxe que ten este libro sobre a saúde mental e pedir axuda. podes ter medo de ser xulgado, mais as veces é necesario pedir axuda externa cando as cousas van mal.

o único meh que podo comentar é o romance Dimitri/Rose. gosto de Dimitri como personaxe, creo que é un bo mentor para Rose. porén, sei que van ser endgame e non quero xdd. xa o explica el ben neste libro: ela ten 17 e el 24. non sei se nos seguintes vou ser capaz de ignorar iso, mais por agora entre esa diferenza de idade e que el ten claramente un rol de mentor na súa vida, non son moi fai de que vaian rematar xuntos. está ben que Rose pense que é moi guapo e todo iso, pero diso a seren parella hai un paso moi longo.