Back

reviewed Finna by Nino Cipri (LitenVerse, #1)

Nino Cipri: Finna (Paperback, 2020, Tor.com) 4 stars

Nino Cipri's Finna is a rambunctious, touching story that blends all the horrors the multiverse …

Review of 'Finna' on 'Goodreads'

5 stars

me cago en mi vida me cago en mi vida me cago en mi vida me ca-

pero como pode un libro ser tan incrible en menos de 100 páxinas? ata chorei co final. é que o rollo dos multiversos como concepto, a trama, os personaxes, coa voz tan propia da protagonista e o desenvolvemento da súa dinámica con Jules; a súa crítica ao capitalismo, a súa mensaxe esperanzadora... hai cousas tan boas neste libro! é curto, pero moi compacto e completo. creo que para min o máis salientable foron Ava e Jules: podes entender perfectamente como chegaron á situación emocional na que están, como as veces as relacións rematan por falta de comunicación e incapacidade de compenetrarse, como non ten que haber un bo e un malo nestas situacións. logo ver como van falando, como van progresando a algo máis saudable do que tiñan, sexa cal sexa a palabra para definir ese novo afecto... é maxistral.

así como detalle necesito mencionar o momento no que lles poñen o vídeo informativo sobre os portais multidimensionais. esa vibra de vídeo educativo que os creadores e os que o ensinan consideran que é súper serio pero ti como espectador o único que sintes é cringe. é como eses vídeos de educación sexual dos 2000, ou cando un profesor usa un vídeo de youtube para explicar algo e está cheo de memes. é un tipo de vergoña allea moi propio destas situacións que captei perfectamente de Ava e que compartín con ela. as masas profundamente heterosexuais, o racimo... iso foi unha cousa xdd.

cousa que necesito engadir e que é spoiler: acabo de darme conta que a crítica ao capitalismo non é simplemente porque es protas traballen nun Ikea de marca branca cun soldo de merda é que, ademais de cargales de traballo, non reciban unha compensación económica pola súa misión. ao final da novelette a capitá menciona que, para atopar un portal, non é necesario que ocorra na tenda, senón que serve calquera lugar onde é fácil perderse. isto quere dicir que a compañía monopoliza a existencia destes portais como algo seu, algo propio que teñen que controlar como donos del. o feito de que o Finna xa non dependa da tenda é unha forma de liberación á imposición capitalista das grandes compañías cos seus monopolios. é a liberación dunha tecnoloxía que a compañía acaparou como a súa. lembroume un pouco a todo o rollo sobre redes sociais centralizadas e descentralizadas. esta tecnoloxía, igual que a tecnoloxía que se presentan no libro, non deberían pertencer a unha empresa.

quizais todo o que acabo de dicir é medio obvio, pero despois de pensar un rato sobre o libro a bombilla encendeuse e quedei un pouco como AAAAAA, así que tiña que compartir esta reflexión convosco xdd.

diría que é un bo libro se vos gustou a crítica ao capitalismo e ás malas condicións laborais de [b:The House in the Cerulean Sea|45047384|The House in the Cerulean Sea|T.J. Klune|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1569514209l/45047384.SY75.jpg|62945242], mais queredes algo máis "edgy" ao respecto, por dicilo dalgunha forma. neste libro hai monstros e en THCS non (polo menos non realmente). polo que escoitei, tamén ten parecidos con Doctor Who, mais vin pouco desa serie e do que vin non me lembro case nada, así que non podo nin confirmalo nin desmentilo.

a ver agora cando leo o segundo, que NECESITO RESPOSTAS.