Pi reviewed Through the looking-glass by Lewis Carroll (Dover thrift editions)
Review of 'Through the looking-glass' on 'Goodreads'
2 stars
meh? un relato curto sobre a vinganza dun mozo polo bullying que sufriu fai anos. xa tiña idea de que ía ser escuro e que tampouco ía tratar os temas con profundidade pola súa lonxitude. aínda así, esperaba algo máis?
non me molestou que o plot twist sexa predecible, xa que igualmente me parecía interesante o concepto. o que pasa é que claro, como é tan breve e todo pasa tan rápido, non sinto que fose aproveitado ao seu máximo.
ademais, creo que hai algunhas cousas que se deixan así de gratis. o protagonista ten varios pensamentos que son propios dun incel. está claro que, co tipo de historia que é, non me esparaba que ninguén fose especialmente boa persoa, pero sinto que o punto do libro era ofrecer unha catarse pola vinganza contra os bullys. non podía sentir esa satisfacción porque, aínda que o que lle fan a Gareth …
meh? un relato curto sobre a vinganza dun mozo polo bullying que sufriu fai anos. xa tiña idea de que ía ser escuro e que tampouco ía tratar os temas con profundidade pola súa lonxitude. aínda así, esperaba algo máis?
non me molestou que o plot twist sexa predecible, xa que igualmente me parecía interesante o concepto. o que pasa é que claro, como é tan breve e todo pasa tan rápido, non sinto que fose aproveitado ao seu máximo.
ademais, creo que hai algunhas cousas que se deixan así de gratis. o protagonista ten varios pensamentos que son propios dun incel. está claro que, co tipo de historia que é, non me esparaba que ninguén fose especialmente boa persoa, pero sinto que o punto do libro era ofrecer unha catarse pola vinganza contra os bullys. non podía sentir esa satisfacción porque, aínda que o que lle fan a Gareth é moi fodido, non me sentín inclinade a apoialo nos seus plans. podo sentir simpatía e querer que lle vaia ben a personaxes cuestionables (ola, [b:We Have Always Lived in the Castle|89724|We Have Always Lived in the Castle|Shirley Jackson|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1415357189l/89724.SX50.jpg|847007] é o meu libro favorito da vida), mais este non conseguiu iso comigo.
outra queixa que teño é o glow-up de Gareth. neste tipo de historias non me gusta que a persoa acosada obteña a normatividade que antes non posuía no momento de facer a vinganza. sobre todo tendo en conta que, pola idade, moitos dos bullys acabaron feos e/ou máis gordos. sinto que dá a mensaxe indirecta de que o aspecto físico si que importa e que es superior se es delgado ou musculoso e que os outros volvéronse os perderores por aumentar de peso. incluso se conservasen a súa figura o que fixeron está mal e non debería cambiar os desexos de Gareth por vinganza.
por certo, está gratis na páxina web da autora, por se alguén ten curiosidade. como xa dixen, non é a gran cousa, pero polo menos tampouco perdes moito tempo nel.