Pi reviewed Anónima by Wendy Mora
Review of 'Anónima' on 'Goodreads'
1 star
por que este libro é popular?
quero dicir, orixinalmente estaba en Wattpad. de Wattpad pasou a publicación tradicional e incluso tivo unha adaptación a filme. para iso houbo xente á que lle tivo que chamar a atención, un número de persoas importante para ter o interese de sacar o libro da plataforma.
xa sabía que o libro ía ser algo lixeiro e simple. iso está ben porque era xusto o que buscaba, mais non esperaba que fose tan... ugh. como [b:La maldición del mar|41945877|La maldición del mar|Shea Ernshaw|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1537374840l/41945877.SY75.jpg|53082912], este é un dos libros máis cisheteros™ que lin na miña vida. non polo feito de que non haxa representación, senón polo tipo de mundo que plantexa, o tratamento dalgúns personaxes e varios comentarios esporádicos. preciso salientar o personaxe do pai porque meu deus que ser máis insoportable por favor. DEIXADE DE FACER O PUTO CLICHÉ DE PAI SOBREPROTECTOR QUE NON PODE ACEPTAR QUE A SÚA FILLA TEÑA NOIVO E NAMORE.
tampouco gostei demasiado dos personaxes, especialmente no inicio da novela. parecéronme pouco cribles en moitos momentos, como todo moi cartón. tamén creo que, para que a trama avance por onde quere ir a autora, ocorren escenas algo inverosímiles.
é posible que algúns destes problemas quedarían resoltos se o libro fose máis longo, pero creo que moitos deles seguirían aí incluso se o libro tivese 700 páxinas.
polo menos foi rápido de ler.
