Back
Elena Gallego Abad: Dragal I (Paperback, 2010, Edicións Xerais, Edicións Xerais) 3 stars

Review of 'Dragal I' on 'Goodreads'

3 stars

pois a verdade é que non entendo por que tanto odio por este libro no goodreads xddd.

quero dicir, non é que sexa unha marabilla, pero tampouco diría que é malo. sei que gostaría moito máis del se o lese con 14-15 anos, pero incluso hoxe en día diría que é unha experiencia minimamente desfrutable.
todo o tema dos dragóns é bastante interesante e, aínda que a trama non avanzou moito neste libro, nótase o potencial para as partes seguintes. é certo que podería ser máis dinámico (lese demasiado lento para ser 256 páxinas) para o pouco que acontece, pero tampouco é insufrible. os personaxes non son especialmente carismáticos, pero son aturables e as súas contradicións entendibles porque en situacións estrambóticas é fácil pasar do "ah si, isto non é tan raro" ao "que merda que merda que merda que merda" en segundos e en bucle.

en conclusión, para min é o típico "inicio de saga 2/5 que logo os seguintes libros aproveitan o potencial deste e vólvese unha puta fantasía". entón, por que o 3/5? por que xa no final deste ocorren cousas interesantes e porque tampouco pasou ningunha cousa ofensiva ou que me molestase demasiado, non como noutros libros deste tipo (por exemplo [b:Crave|45892228|Crave (Crave, #1)|Tracy Wolff|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1578850525l/45892228.SX50.jpg|70730127] ou [b:Ciudades de humo|59700120|Ciudades de humo (Trilogía Fuego, 1)|Joana Marcús|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1637864595l/59700120.SY75.jpg|73540727]).