Review of 'Tres Acordes para Unha Vella Melodía' on 'Goodreads'
1 star
cando poida fago reseña, porque FODER.
edit: ok, alá vou.
o primeiro que necesito comentar é o estilo da escrita. foi unha cousa ruín dende o inicio ata o final da novela. hai tantos erros de comas e palabras mal postas que había momentos que eran imposibles de ler. ademais, as oracións son demasiado longas, repetindo moitos conceptos xa mencionados nas anteriores. pasou como 20 páxinas mencionando en cada frase o importante que era que a prensa non se enterase do asasinato.
o peor é que estes erros eran facilmente correxibles. non era necesario nin un editor: un lector beta ou que o propio autor se lese de novo o manuscrito sería suficiente.
logo pasamos ao contido do libro en si. tanto o misterio como o ritmo e como os personaxes son pobres. o libro non é especialmente longo, así que se temos en conta que máis da metade del …
cando poida fago reseña, porque FODER.
edit: ok, alá vou.
o primeiro que necesito comentar é o estilo da escrita. foi unha cousa ruín dende o inicio ata o final da novela. hai tantos erros de comas e palabras mal postas que había momentos que eran imposibles de ler. ademais, as oracións son demasiado longas, repetindo moitos conceptos xa mencionados nas anteriores. pasou como 20 páxinas mencionando en cada frase o importante que era que a prensa non se enterase do asasinato.
o peor é que estes erros eran facilmente correxibles. non era necesario nin un editor: un lector beta ou que o propio autor se lese de novo o manuscrito sería suficiente.
logo pasamos ao contido do libro en si. tanto o misterio como o ritmo e como os personaxes son pobres. o libro non é especialmente longo, así que se temos en conta que máis da metade del pode resumirse en palla e frases redundantes, queda claro que non hai moito tempo para o desenvolvemento do importante. nada do que estaba pasando importábame e o protagonista parecíame soso e sen graza. xa non falo nin de personaxes secundarios: non hai.
cando se empeza a saber máis sobre o pasado tiven algo de curiosidade, pero entre que os flashbacks eran un exemplo do importante que é o show don't tell e que ao final desenvolveuse dunha forma pésima, pois quedei como estaba. se as follas de palla fosen aproveitadas para amosar escenas do pasado con verdadeira complexidade o libro sería moito mellor. tal como é fai que algunhas decisións dos personaxes non teñan sentido.
conclusión: este libro é unha merda. se queredes un thriller en galego hai moitas mellores opcións. se queredes algo parecido a vibe dos flashbacks (pero na época actual) lede [b:santoamaro|57467455|santoamaro|Antonio Manuel Fraga|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1616236003l/57467455.SY75.jpg|89980567].
