Back

Originally published in 1885 in Ulrichs's Matrosengeschichten (Sailor Stories). The story tells the …

Review of 'Manor' on 'Goodreads'

3 stars

esta obra é extremadamente curta e non é que aproveite demasiado a premisa que ten. porén, gostei del e non me arrepinto para nada de lelo.

primeiro, é tan curto que só me levou como 10 minutos rematalo.

segundo, creo que ten unha gran importancia histórica por ser publicado no 1884. ata onde eu sei, é a primeira historia de vampiros na que se amosa unha relación entre homes de forma explícita. estou "documentándome" para un vídeo sobre os vampiros literarios e a relación que sempre tiveron coa disidencia. atopar un libro que sexa tan aberto ao tema xa no século XIX... pois hai que celebralo (quero dicir, que [b:Carmilla|48037|Carmilla|J. Sheridan Le Fanu|https://i.gr-assets.com/images/S/compressed.photo.goodreads.com/books/1657795822l/48037.SY75.jpg|47015] está aí, pero é máis ambiguo e o propio autor defendía que realmente non era unha relación entre mulleres porque Carmilla, como vampiresa, non podía ser muller xdd).

a verdade é que, sabendo un pouco da vida do autor, non sorprende que elexise ese enfoque para falar dos vampiros. anímovos a buscar un pouco deste señor por google, non vos arrepentiredes.