Back
Manuel Veiga Taboada: Perder as bestas (Paperback, Edicións Xerais) 4 stars

cacería e contrainsurxencia nos montes da raia

4 stars

en realidade con tres estreliñas ⭐ ⭐ ⭐ vai que chuta, pero haille que ser agradecidos. O que mais me gustou do relato foi o esforzo por incluír vocabulario das zonas onde acontecen os feitos, que podemos situar nunha zona de montaña entre Portugal e España. Os montes, os bosques, os ríos, a vexetación, os tipos de casas e traballos, ... cada cousa polo seu nome.

Ao rematar a Guerra Civil española unha cuadrilla de irregulares dos fascistas vencedores vai polo monte a cazar ateos e, de paso, a realizar actos de sabotaxe no seu nome para poñer a poboación en contra deles. Contrainsurxencia, creo que se lle di a isto. O estilo é aquel de Cormac McCarthy, a do deserto, Meridiano de sangre, onde todos son malos. Ou a de este outro, español, entre olivos e cabras, que non lembro o nome e podería miralo antes de …

@ghose@bookrastinating.com Grazas!! Efectivamente, o problema é que ao facer click no nome de alquien, non hai ningún sitio onde diga "following" ou "followers". Por iso non sabía como chegar a esa páxina. Agora aprendín que hai que escribir /following ou /followers ao final desa URL.

Boas noites!

PD: se algún día queres xogar a falar en eúscaro con alguén, podes usar un destes dous tradutores en liña:

Eu usei tradutorgaio.xunta.gal e parece que está moi ben