Perder as bestas

Paperback, 128 pages

Published by Edicións Xerais.

ISBN:
978-84-1110-338-1
Copied ISBN!

View on OpenLibrary

4 stars (1 review)

1 edition

cacería e contrainsurxencia nos montes da raia

4 stars

en realidade con tres estreliñas ⭐ ⭐ ⭐ vai que chuta, pero haille que ser agradecidos. O que mais me gustou do relato foi o esforzo por incluír vocabulario das zonas onde acontecen os feitos, que podemos situar nunha zona de montaña entre Portugal e España. Os montes, os bosques, os ríos, a vexetación, os tipos de casas e traballos, ... cada cousa polo seu nome.

Ao rematar a Guerra Civil española unha cuadrilla de irregulares dos fascistas vencedores vai polo monte a cazar ateos e, de paso, a realizar actos de sabotaxe no seu nome para poñer a poboación en contra deles. Contrainsurxencia, creo que se lle di a isto. O estilo é aquel de Cormac McCarthy, a do deserto, Meridiano de sangre, onde todos son malos. Ou a de este outro, español, entre olivos e cabras, que non lembro o nome e podería miralo antes de …