User Profile

ghose 📚⁂

ghose@bookrastinating.com

Joined 2 years, 6 months ago

son ghose, aka @ghose⁂

BookWyrm's UI translator (gl).

This link opens in a pop-up window

ghose 📚⁂'s books

Currently Reading

2024 Reading Goal

Success! ghose 📚⁂ has read 16 of 12 books.

LĂ­dia Jorge: MisericĂłrdia (EBook, PortuguĂ©s language, Grupo AutĂȘntica) No rating

Um hino à empatia e ao que nos faz humanos, um relato a um só 


Fala mal de min, seino 😔, pero nunca lin unha novela no orixinal en portuguĂ©s đŸ‡”đŸ‡č. Levo 21 pĂĄxinas e sĂł tiven 1 palabra que non sabĂ­a o significado, e coñecĂ­n hesitaçao, igual que en inglĂ©s hesitation, que nunca escoitei en galego pero outras son moi semellantes ao galego, podo ler de xeito fluĂ­do.

Quedei sen batería no libro 😬, e vin contarche isto.

Han Kang, Alba Verea PĂ©rez: A vexetariana (EBook, galego language, 2022, Rinoceronte Editora) No rating

Yeonghye Ă© unha muller sen apenas voz que decide facerse vexetariana logo de empezar a 


Content warning Finalmente, a voz dunha muller.

commented on A vexetariana by Han Kang (Nova)

Han Kang, Alba Verea PĂ©rez: A vexetariana (EBook, galego language, 2022, Rinoceronte Editora) No rating

Yeonghye Ă© unha muller sen apenas voz que decide facerse vexetariana logo de empezar a 


Ostras! Faise extraña a elecciĂłn do narrador en primeira persoa. Que sexa un home non Ă© casualidade. Creo que non captei a moralexa do relato, ou a idea que quere transmitir, mais alĂĄ da descriciĂłn dunha sociedade patriarcal onde a muller non Ă© cidadĂĄn autodeterminado e con plenos dereitos civĂ­s. Non Ă© pouco, pero os «soños» que describe a protagonista (coa sĂșa voz) non saberĂ­a como encaixalos tampouco.

reviewed Indolente by Alberto Mancebo (Narrativa, #1378408)

Alberto Mancebo: Indolente (EBook, galego language, 2024, Xerais) 4 stars

Estamos no ano 2041 e o Ministerio da Presidencia acaba de emitir un comunicado para 


Sorpresa agradable 👍👍

4 stars

A sinopse xa a liches, sĂł engado que estĂĄ escrito moi decentemente, sen artificios innecesarios, centrĂĄndose en manter a tensiĂłn e ansiedade que sinte a protagonista. Ten unha misiĂłn vital moi concreta e obstĂĄculos a superar, entre eles algĂșn trauma do pasado que aĂ­nda non puido superar.

Collen dentro temas como a saĂșde mental, a ecoansiedade, excepticismo magufo, homofobia, galeguidade...

Pode que ⭐⭐⭐⭐ sexa excesivo, pero se cadra é polas expectativas baixas que tiña. Non polo autor, que non lera nada, se non pola mala xeira que levo en canto a escoller lecturas.

Bo de ler e entretido.

commented on Indolente by Alberto Mancebo (Narrativa, #1378408)

Alberto Mancebo: Indolente (EBook, galego language, 2024, Xerais) 4 stars

Estamos no ano 2041 e o Ministerio da Presidencia acaba de emitir un comunicado para 


Bo capítulo inicial, con ritmo e creando tensión nunha escena cotiån. Non, måis ben verosímil, da que podes sentirte parte. Desliza tamén pequenos detalles da vida persoal da protagonista do capítulo.