Back

commented on Radicalized by Cory Doctorow

Cory Doctorow: Radicalized (EBook, 2019, Head of Zeus) 4 stars

Told through one of the most on-pulse genre voices of our generation--New York Times bestselling …

Masque of the red death. Rematei o último relato. Meh, a verdade. Por causas previsibles (na realidade) o mundo vai ao carallo e un jalipollas, con información privilexiada porque el é parte da causa, constrúe unha fortaleza no medio do deserto e leva alí un par de dúcias de persoas escollidas para sobrevivir durante o tempo que lle leve á sociedade recuperarse. Como jalipollas que é segue a funcionarlle a cabeza nese mundo igual que o facía no anterior. Spoiler: Non sae ben.

O inicio resultoume confuso, pero igual foi por limitacións miñas ao ler, non entendía se O Evento era un videoxogo ou que. O Evento é "cando todo vai ao carallo" (isto non é spoiler nin nada), é algo real, e podes imaxinalo como un mundo postapocalíptico onde se supón que as sociedades globalizadas e interconectadas deixan de estalo. En realidade só sabemos acerca do que teoriza @pluralistic ao respecto desta pequena sociedade que O Jalipollas de Martin crea. Incluso centrándose só nela, creo que está só superficialmente descrita.