ghose 📚 commented on Radicalized by Cory Doctorow
Content warning spoiler pequeno, mais spoiler
rematei radicalized, pero non sei se comprendÃn completamente o que o autor querÃa transmitir. Hai un momento cun diálogo tal que:
— A violencia nunca é a solución aos problemas. — ...non é iso o que non ensina a historia da humanidade.
Ao comezar o relato temos un momento Deux ex machina, disfrazado de evento de moi baixa probabilidade, que ao lelo pensei se Ãa ser relevante para o desenvolvemento da historia. Após rematar, creo que non era totalmente necesario. Non escribo isto como algo negativo, só unha opinión subxectiva, pois o relato trata temas moi serios e non me cadra ben este xiro na historia.
Tamén, non sei se estamos ante a xustificación do recurso á violencia ou á simple descrición dunha situación onde esta pode emerxer (das persoas).
Creo que, dos tres que levo, foi o que me gustou menos, porque a historia vivida desde a posición do protagonista fáltalle moita profundidade na construcción do personaxe, demasiado plano para tantas cousas que lle pasan e sobre as que debe decidir (e sufrir).