Back
Kieran Hurley: Beats (2013, Oberon Books, Limited)

Review of 'Beats' on 'Goodreads'

definitivamente non esperaba ler unha peza de teatro contemporáneo situada na Escocia dos 90 na que un adolescente vai a unha rave cos seus amigos o día de hoxe. tampouco esperaba que me gustase tanto.
porén, limos isto na clase de teatro e, xa mentres escoitaba as partes dos outros e lía en voz alta as miñas, dinme conta de que realmente este é un libro especial. reforcei a miña idea cando falamos en grupo sobre o que pensamos da obra.

en si mesma é curta, o único que fai e presentar unha situación, uns temas e uns personaxes nunha voz confusa e fébril. é traballo do lector conectar as pezas do puzle como queira, pero podo dicir que é moi satisfactorio chegar ás túas propias conclusións.

definitivamente teño que ler máis teatro, porque por agora non atopei ningunha obra que non me gustara.