154 pages

Galego language

Published Jan. 7, 2007 by Editorial Galaxia.

ISBN:
978-84-7154-091-1
Copied ISBN!

View on OpenLibrary

3 stars (2 reviews)

Logo de Orixe, a súa primeira novela e Premio Blanco Amor 2003, Séchu Sende volve cun libro de relatos especialmente escrito para ti, que tamén buscas a vida nas palabras. Un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza. Este libro foi traducido ao curdo pola editorial Avesta, co título: Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim, "Nin en soños vou perder a miña lingua".

1 edition

por veces é triste

3 stars

A sensación aquela de mirarse ao espello e ver algo que nos caracteriza, incluso nos define, asumila con naturalidade, pero hai quen te mira e parécelle unha eiva, mais para ti é simplemente parte de quen es, sen maior importancia. Sabes que non es mellor ou máis importante que outras, só es ti.

Emporiso, se veñen a darche a turra con A ver cando arranxas iso, ou Tes que ir ao médico a que cho vexa, ou peor aínda... non tes dereitos fundamentais garantidos ou sofres discriminación social (nas relacións persoais, laborais, coa administración pública,...) debido a esa característica túa, entón complícase a cousa e comezas a mirarte ao espello doutro xeito, a pensar en como arranxar o "problema", a tapalo, a que non se vexa.

O libro son relatos curtos, moi breves algúns, case fragmentos de escenas, onde se intenta pór en valor a lingua que …

avatar for ghose

rated it

3 stars