Senlleiras

Paperback, 356 pages

Published by Editorial Galaxia, S.A..

ISBN:
978-84-9151-190-8
Copied ISBN!

View on OpenLibrary

4 stars (1 review)

PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018

A novela das mulleres que rachan co silencio. Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada. Tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.

1 edition

"novela-denuncia" dunha causa xusta (respeto polas mulleres)

4 stars

Eu: aquí, pensando.

(...)

Non son quen de sintetizar en dous párrafos o que denuncia esta novela: a discriminación das mulleres en todos os eidos polo feito de selo. A novela por o foco na violencia física e psicolóxica que algúns (demasiados) maridos exercen sobre as súas(!) mulleres.

Not all men!! (escoito)

Pois claro que non. Falamos dos roles asignados polo sistema establecido. Noutras sociedades son (foron, serán) diferentes, e o relevante é que os sistemas e as relacións sociais poden cambiarse de xeito consciente. Non é designio divino(!), nin tampouco a Selección Natural (forza motora da evolución), que de todo se escoita.

Tamén hai mulleres malas!!! (escoito)

Pois claro. O tema é parecido (en termos de xeneralización) ao listos/tontos/ignorantes/palurdos/traballadores/you-name-it que son outros pobos. Os centroeuropeos son moi traballadores e moi produtivos!! (escoito). Aquí se vive mejor!!. My ass.

Xa estou a misturar auga con aceite. …