E fixemos a luz!

Paperback, 168 pages

Published by Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico d.

ISBN:
978-84-16533-54-1
Copied ISBN!

View on OpenLibrary

4 stars (1 review)

1 edition

Es curiosa? Si, ti que les isto.

4 stars

Obertura.

O libro é unha porta aberta á curiosidade, para despertala ou estimulala.

Interludio.

Que un fotón se defina como unha partícula sempre me leva a confusión. É desas cousas que por máis que les non acabas de cambiar o concepto inicial que dela tiveches (ou creras entender). O meu problema son todas as connotacións que asocio á palabra partícula, entre elas a masa, a finitude, corporidade,... imaxino boliñas. Por se non abondase, resulta que é un bosón e ademáis participa en tres das catro interaccións básicas da materia. Isto non ven no libro (nin falta fai).

Ven isto a conto de varios momentos do libro onde ao lelos pensaba "vale, si, pero é algo máis complicado de como o contas".

Lembro cando abrín unha conta en pixelfed puxen na descrición algo así como "gústame a luz". Algo pretencioso, coelhesco, aparentemente xenérico pero …