Pi reviewed Crush by Tracy Wolff (double)
Review of 'Crush' on 'Goodreads'
4 stars
oh wow.
entre que os capítulos son máis curtos e dinámicos, que xa non tira tanto de clichés, que coñezo mellor aos personaxes e teño unha conexión emocional con eles (houbo unha morte que non esperaba e que me partiu a alma bastante, a verdade), que había unha mestura saudable entre os momentos cómicos e os dramáticos (meus deus os diálogos entre Grace e Hudson son unha cousa) e moitas outras cousas máis das que non me lembro agora mesmo, este libro é moito mellor que o primeiro.
é máis serio (aínda que segue tendo rollo mamarracho), así que ao mellor a alguén que so quere ler esta serie polos jajas molestaríalle ver tanta intensidade. porén, eu agradecinllo.
tamén dicir que, aínda que se os shippease forte no primeiro libro seguro que me enfadaría a forma na que se desenvolveu este, non me molestou o cambio no romance. O …
oh wow.
entre que os capítulos son máis curtos e dinámicos, que xa non tira tanto de clichés, que coñezo mellor aos personaxes e teño unha conexión emocional con eles (houbo unha morte que non esperaba e que me partiu a alma bastante, a verdade), que había unha mestura saudable entre os momentos cómicos e os dramáticos (meus deus os diálogos entre Grace e Hudson son unha cousa) e moitas outras cousas máis das que non me lembro agora mesmo, este libro é moito mellor que o primeiro.
é máis serio (aínda que segue tendo rollo mamarracho), así que ao mellor a alguén que so quere ler esta serie polos jajas molestaríalle ver tanta intensidade. porén, eu agradecinllo.
tamén dicir que, aínda que se os shippease forte no primeiro libro seguro que me enfadaría a forma na que se desenvolveu este, non me molestou o cambio no romance. O primeiro libro tivo moito instalove, mentres que a relación que se formou neste libro realmente nin sequera están xuntos no final. Obviamente o desenvolvemento de Hudson e Grace como parella contrasta co de Jaxon e Grace: uns tiveron moitas máis páxinas de interaccións. Ademais, eu sempre vou cos romance ben desenvoltos (polo menos se hai posibilidade de que sexan canon).
é máis, creo que as interaccións de Jaxon e Grace están moito mellor construídas neste libro. Jaxon xa ten a liberdade de expresarse como queira, o que, ademais de dar diálogos moi divertidos co resto do squad, fai que pasen cousas con Grace que nin de coña pasarían no libro anterior. vese unha relación moito máis madura, na que se queren pero os problemas de comunicación son obvios e aínda así loitan para ser mellores (sobre todo Jaxon).
por último so dicir que, co todo o rollo de que Hudson é inglés e que ten acento non puiden parar de pensar neste vídeo xddd: www.youtube.com/watch?v=MVIBf3cnTf0
AAAAAAH SI, olvideime de 2 cousas:
-por que todo o mundo odia aos lobishome nesta saga xddd?
-menos mal que estou lendo a tradución en castelán e "mate" é "compañero", unha opción moito menos cringe que mate. se tivese que ler isto en inglés xa levaría unha estrela menos por esa merda QUEN CONA INVENTOU ISTO DOS MATES, DAMN YOU SARAH JANET.