Pi reviewed Covet by Tracy Wolff (double)
Review of 'Covet' on 'Goodreads'
4 stars
madre mía a cantidade de altibaixos que ten este libro. supoño que é o que ten que teña como 800 páxinas.
ata máis ou menos o 15% do libro pareceume unha baixada de calidade bastante grande. podía notar demasiadas repeticións de palabras e o drama amoroso parecíame demasiado melodramático. porén, cando a trama comezou a ter máis peso na obra, todo mellorou.
definitivamente o mellor do libro son as cousas novas que se saben do mundo e todo o arco no cárcere (cos personaxes novos incluídos). definitivamente non me esperaba unha crítica tan clara ao sistema carcerario neste tipo de saga. o romance tamén estivo bastante ben xa polo final. o peor foi ese inicio, algunhas escenas algo clichés (sobre todo na cea da corte dragón) é que o estilo de escritura tambaleaba un pouco (en serio, non necesito que me repitan o sexy que é ou o perfecto sotaque …
madre mía a cantidade de altibaixos que ten este libro. supoño que é o que ten que teña como 800 páxinas.
ata máis ou menos o 15% do libro pareceume unha baixada de calidade bastante grande. podía notar demasiadas repeticións de palabras e o drama amoroso parecíame demasiado melodramático. porén, cando a trama comezou a ter máis peso na obra, todo mellorou.
definitivamente o mellor do libro son as cousas novas que se saben do mundo e todo o arco no cárcere (cos personaxes novos incluídos). definitivamente non me esperaba unha crítica tan clara ao sistema carcerario neste tipo de saga. o romance tamén estivo bastante ben xa polo final. o peor foi ese inicio, algunhas escenas algo clichés (sobre todo na cea da corte dragón) é que o estilo de escritura tambaleaba un pouco (en serio, non necesito que me repitan o sexy que é ou o perfecto sotaque británico que ten Hudson cada 10 páxinas).
tamén dicir que, aínda que é máis aguantable na tradución en castelán, sigo sen gostar da existencia dos mates. creo que polo menos nesta saga aínda se fai algo de crítica e análise ao concepto e as súas implicacións, pero igualmente non entendo por que os mates son algo tan popular recentemente. é como as almas xemelgas pero aínda máis determinista.
