Back
Nagata Kabi, Luis Alis: Mi experiencia lesbiana con la soledad (Spanish language, 2017, Fandogamia Editorial, C.B.)

The heart-rending autobiographical manga that's taken the internet by storm! My Lesbian Experience with Loneliness …

Cústame empatizar coa autora/protagonista

Un relato crudo sobre o combate da autora coa depresión, trastornos alimentarios, condutas autolíticas, a autoexixencia e as expectativas familiares e sociais sen final feliz, o que o fai máis humano. Desgustoume profundamente que a protagonista sexa unha putera e a forma na que normaliza a explotación sexual doutras mulleres fíxome sentir incómodo. No aspecto técnico, inda que o tebeo se define como manga-ensaio paréceme que ten unha narrativa de cómic bastante pobre. A parte meirande do libro ten unha estrutura de 4-Koma que supoño ven da autopublicación na internet. O contido é case sempre un texto monólogo interno con imaxes de apoio, co que me parece que aproveita moi pouco as posibilidades do medio.