Gardas! Gardas!

250 pages

Galego language

Published by Boadicea.

ISBN:
978-84-129489-7-4
Copied ISBN!

O idealista anano de case dous metros, Cenoria, entra na Garda da Noite da cidade de Ankh-Morpork, a máis grandiosa do Mundodisco, para arrestar ladróns asasinos coa Lei na man, algo nunca antes visto. Os tres veteranos que integran esta garda escangallada e sen sentido son o capitán Vimes, o sarxento Colon e o cabo Nobbs.

Xuntos terán que lidar cunha rutina que rompe pois, malia que se creu extinto durante moito tempo, un magnífico exemplar de draco nobilis («dragón nobre», para quen non entenda a cursiva) apareceu na cidade. Este perigoso visitante non só ten o desagradábel costume de calcinar todo ao seu paso, senón que, en pouco tempo, é coroado Rei (á fin e ao cabo, é un dragón nobre…). Como chegou alí? Poderá a Garda da Noite restaurar a orde dunha cidade sen lei? Maxia, caos e un dragón asexador… Quen podería pedir máis?

16 editions

Por fin en galego

Aínda somos unha lingua minorizada pero polo menos xa podemos ler a Pratchett en galego grazas a Boadicea que está a facer un traballo salientábel coas súas traducións de clásicos de xénero (Dick, Le Guin, Miéville, Stephen King en breve...). Deste libro non hai moito que dicir, creo que é a cuarta vez que o leo e así a todo desfrutei del coma se fose a primeira. Por algo moitos achamos que esta é a mellor porta de entrada ao Mundodisco. Por certo, parabéns ao tradutor por nomear a Cut-Me-Own-Throat Dibbler como Evasivo Perdocartos. Marabilloso.

avatar for Mduritz@lectura.social

rated it

avatar for nacho@lectura.social

rated it

Subjects

  • film noir