Reviews and Comments

ghose 📚

ghose@bookrastinating.com

Joined 1 year, 11 months ago

son ghose, aka @ghose

BookWyrm's UI and Doc translator (gl).

Keyoxide🔑

This link opens in a pop-up window

reviewed Radicalized by Cory Doctorow

Cory Doctorow: Radicalized (EBook, 2019, Head of Zeus) 4 stars

Told through one of the most on-pulse genre voices of our generation--New York Times bestselling …

Agradecido da lectura

3 stars

Doulle tres estreliñas ⭐ e non catro porque as dúas últimas historias parecéronme algo máis frouxas, pero déixanse ler mentras presentan escenarios non tan improbables.

As dúas primeiras parecéronme mellor compostas, con máis profundidade no relato e os personaxes mellor debuxados.

Fun comentando individualmente cada relato, mira na cronoloxía.

Si, o máis inquientante é que son historias que adquiren verosimilitude hoxe, non a medio prazo.

commented on Radicalized by Cory Doctorow

Cory Doctorow: Radicalized (EBook, 2019, Head of Zeus) 4 stars

Told through one of the most on-pulse genre voices of our generation--New York Times bestselling …

Masque of the red death. Rematei o último relato. Meh, a verdade. Por causas previsibles (na realidade) o mundo vai ao carallo e un jalipollas, con información privilexiada porque el é parte da causa, constrúe unha fortaleza no medio do deserto e leva alí un par de dúcias de persoas escollidas para sobrevivir durante o tempo que lle leve á sociedade recuperarse. Como jalipollas que é segue a funcionarlle a cabeza nese mundo igual que o facía no anterior. Spoiler: Non sae ben.

O inicio resultoume confuso, pero igual foi por limitacións miñas ao ler, non entendía se O Evento era un videoxogo ou que. O Evento é "cando todo vai ao carallo" (isto non é spoiler nin nada), é algo real, e podes imaxinalo como un mundo postapocalíptico onde se supón que as sociedades globalizadas e interconectadas deixan de estalo. En realidade só sabemos acerca do que …

commented on Radicalized by Cory Doctorow

Cory Doctorow: Radicalized (EBook, 2019, Head of Zeus) 4 stars

Told through one of the most on-pulse genre voices of our generation--New York Times bestselling …

Content warning spoiler pequeno, mais spoiler

commented on Radicalized by Cory Doctorow

Cory Doctorow: Radicalized (EBook, 2019, Head of Zeus) 4 stars

Told through one of the most on-pulse genre voices of our generation--New York Times bestselling …

rematei model minority. Neste narración aparecen a violencia policial institucionalizada, ou máis ben racismo violento normalizado expresado en forma de violencia policial. A sua raiz flota en todo o relato así como a súa perpetuación só é posible, sendo evidente, desde o amparo social colectivo.

Gustoume o xeito en que utiliza a figura dos superheroes e como hai elementos de represión máis poderosos que a forza física (ou a violencia).

É un relato duro, porque máis aló dos detalles, sabes que na realidade todo é peor e real.

commented on Radicalized by Cory Doctorow

Cory Doctorow: Radicalized (EBook, 2019, Head of Zeus) 4 stars

Told through one of the most on-pulse genre voices of our generation--New York Times bestselling …

fin da primeira historia. Unha crítica ao modelo económico que monetiza ate os aspectos máis básicos das nosas vidas, co trasfondo da inequidade social, da loita por sair adiante na vida, na forza que hai que ter para non deixar que che rouben ate a dignidade de ser una persoa.

Hai unha pasaxe onde, curiosamente, unha empresa usa unha argumentación moi parecida á que están escoitando as persoas que usan facebook estas semanas, onde a empresa di que vai a comezar a cobrar polo seu uso ante uns cambios na lexislación europea: se queres que sexa gratis tes que ver publicidade en función dos datos que nos entregas. É só unha anécdota que coincide no tempo.

H.P. Lovecraft: A chamada de Cthulhu e outros contos de terror cósmico (EBook, galego language, Urco Editora) 4 stars

Toda mitoloxía ten uns alicerces e toda épica ten uns inicios, e o chamado «Ciclo …

moita imaxinación e amalgama de mitoss

4 stars

un terror indescriptible, chegado de máis aló de toda comprensión humana, unha realidade procente dun abismo de negrura insondable.

Pois así todo 🤭

En canto ao estilo, creo que hai que ter en conta o contexto e o xeito en que se publicaban estas historias, en revistas temática, suplemrntos de xornais etc.

Pero moi ben 👌

Christopher McDougall, Eric Orton: Born to Run 2 (2022, Knopf Doubleday Publishing Group) 4 stars

The torchbearer of the barefoot running movement, sparked by his global bestseller Born to Run, …

I need this book, not for getting better (would be a bonus point) but for mental clarity (cleaning?) anf focus. It's easy to read, it flows, as running, and bring the basics to the forefront

I like Mr. MacDougall's writting and characters selection, like Batman The Adventure Dog 😆