ghose commented on A outra xente by Antonio Sandoval Rey
onte pregunteille a meu pai pola Laverca. Eu non fago caso de velas, pero el di que aínda se ven, pero moito menos que antes. Seica aniñaban no trigo (e agora non hai trigo) e que van voando baixo e rápido. De ahí a expresión que se di moito á rapazada de "es unha laverca", por inquieto, áxil,... Tamén dixo que era dos paxaros que emigraban e describiuna máis pequena que unha pomba, pouco máis que o merlo ou así, co rabo longo.