Alex Pernas rated Animal Farm: 5 stars

Animal Farm by George Orwell
Animal Farm is a brilliant political satire and a powerful and affecting story of revolutions and idealism, power and corruption. …
Escribín a novela "Xarfas" e maila serie de relatos "A Paga" (en libro e en adiante.gal). Guitarrista de Oymyakon. Parte de Gatuchinhos.
This link opens in a pop-up window

Animal Farm is a brilliant political satire and a powerful and affecting story of revolutions and idealism, power and corruption. …

A Clash of Kings is the second novel in A Song of Ice and Fire, an epic fantasy series by …

Castelao: Cousas da vida (Spanish language, 1981, Akal)

A Game of Thrones is the first novel in A Song of Ice and Fire, a series of fantasy novels …

Harry Potter is a wizard. He is in his second year at Hogwarts School of Witchcraft and Wizardry. The three …
Trátase dunha guía bastante ampla de iniciación ao ioga onde se tratan case tódolos temas e que pode dar un bo coñecemento da súa filosofía e prácticas, pódese aprender bastante sobre o ioga con este libro, sen embargo, por que indiquei que non me gustou na puntuación?
É un libro moi difícil de ler en tanto a que é moi pesado e repetitivo, por exemplo, na primeira parte na que se fala de que é o ioga, repítense unha e outra vez os mesmos conceptos todo o rato, son aproximadamente 70 páxinas que se poderían resumir en menos de 20, a lectura é moi cansa e parece que non avanzas nada. Esta constante repítese ao longo de todo o libro.
Outro dos inconvintes que atopei nesta guía foi onde se explican as posturas ióguicas. Ía todo ben, unha imaxe onde se pode ver a postura, unha explicación da mesma, etc, …
Trátase dunha guía bastante ampla de iniciación ao ioga onde se tratan case tódolos temas e que pode dar un bo coñecemento da súa filosofía e prácticas, pódese aprender bastante sobre o ioga con este libro, sen embargo, por que indiquei que non me gustou na puntuación?
É un libro moi difícil de ler en tanto a que é moi pesado e repetitivo, por exemplo, na primeira parte na que se fala de que é o ioga, repítense unha e outra vez os mesmos conceptos todo o rato, son aproximadamente 70 páxinas que se poderían resumir en menos de 20, a lectura é moi cansa e parece que non avanzas nada. Esta constante repítese ao longo de todo o libro.
Outro dos inconvintes que atopei nesta guía foi onde se explican as posturas ióguicas. Ía todo ben, unha imaxe onde se pode ver a postura, unha explicación da mesma, etc, ata que atopei a primeira postura na que a imaxe non coincide coa descrición.
Por outro lado están o saúdo ao sol e o saúdo á lúa. Acompáñase a descrición de como se fan xunto a unhas imaxes que as describen, estas imaxes, lóxicamente, deberían estar representadas de xeito secuencial, sen embargo non teñen orde ningunha, polo que tes que adiviñar que imaxe representa cada descrición, ademais disto, se intentas seguir secuencialmente o que indica a descrición, chegas a un momento no que fisiolóxicamente é imposible facer unha postura despois de outra sen arrincarte unha perna. Isto respecto ao saúdo ao sol, no saúdo á lúa é directamente imposible interpretar que posturas debes realizar.
Noutro aspecto, o autor cita constantemente a outros autores e médicos, sen embargo non existe unha bibliografía na que se indiquen as obras de referencia, o cal resta credibilidade no que di. Os únicos casos nos que se citan outras obras son cando estas son do mesmo autor (autobombo).
Finalmente, atopei unha cousa que considero moi grave, dado que resulta perxudicial para a saúde das persoas en caso de que sigan as indicacións do autor. Indica que é bo seguir unha dieta con moitos lácteos e, aquí o grave do asunto, incluso para as persoas intolerantes á lactosa, chega a dicir que co ioga se pode combatir esta intolerancia, e que a intolerancia é case unha superstición. O que se pode considerar unha supertición é o que di o autor. O ioga si que pode traer moitos beneficios físicos, pero dende logo NUNCA vai poder facer que o corpo produza unha enzima que XENÉTICAMENTE non pode producir. Esta é a principal razón da intolerancia xenética á lactosa que padece a maior parte da poboación mundial, dende logo é unha barbaridade e algo moi perigoso afirmar o que di o autor.
Edición:
Outro dos problemas que vin na estrutura do libro é que acostuma a falar de conceptos que non se explican ata máis adiante, así por exemplo, fai referencia a que se apliquen certas chaves, posturas, tipos de respiración, etc., pero sen explicar como se realizan, co que o lector está perdido e non sabe a que se refire o autor. Todos estes conceptos aos que se fan referencia si que son explicados, pero máis adiante. A maioría deles son perfectamente comprensibles coa súa explicación, polo que o máis lóxico sería primeiro explicalos e, unha vez xa coñecidos, utilizalos nos contextos nos que se apliquen.

"Good evening, London." It's nine o'clock and this is The Voice of Fate... It is the Fifth of the Eleventh, …

Second Foundation is the third novel published of the Foundation Series by American writer Isaac Asimov, and the fifth in …

Led by its founding father, the great psychohistorian Hari Seldon, and taking advantage of its superior science and technology, the …

One of the great masterworks of science fiction, the Foundation novels of Isaac Asimov are unsurpassed for their unique blend …

A historical novel first published in 1817, this was one of the first popular novels to attempt the use of …

A year after the events of METRO 2033 the last few survivors of the apocalypse, surrounded by mutants and monsters, …

A rousing call to arms whose influence is still felt today
Originally published on the eve of the 1848 …